Vistas de página en total

lunes, 20 de abril de 2015

Edublogs!




A. Qué é un Edublog e para qué é util?

Como ben sabemos todos, os  blogs son sitios web persoais con información relacionada a un tema determinado, que se actualiza periódicamente e non require coñecementos técnicos para a súa elaboración, permitindo tamén inserir vídeos, fotos, presentacións, etc. Ademáis  permite que os seus lectores expresen públicamente a súa opinión persoal ou valoración sobre os contidos tratados, o cal permite interactuar cos visitantes a través de comentarios. 

O termo Edublog aparece da unión de dúas palabras, concretamente a palabra inglesa EDUCATION e da palabra internacional BLOG, onde o principal obxectivo é apoiar un proceso de ensinanza-aprendizaxe nun contexto educativo. (Tíscar Lara, 2004).

Outra característica é que hai unha interacción directa entre o alumnado e o profesorado.
Os weblogs e a educación comparten unha característica: os dous conceptos poden definirse como procesos de construcción de coñecemento.

Podemos utilizar os Edublogs para:

-Publicación de traballos ou notas.

-Organización de materiais didácticos.
-Comunicación co alumnado do propio centro ou de outros.
-Xestión de traballos individuais ou en grupos.
-Unha nova rede social.
-Publicación de información necesaria.
-Almacenar información.
-Espazo de debate.


B. Para a creación dun blog podemos utilizar as seguintes ferramentas ou programas entre outros:



1Blogger: na actualidade esta sendo un dos weblogs máis utilizados. Xestionamos o noso blog directamente dende unha páxina web. Esto é moi útil porque nos permite editalo en calquer lugar. É  gratis, facil de crear e de xestionar.



É un sistema de xestión de contidos. Permitenos traballar en servidores propios con un control total sobre as aplicacións.





3- Movable Type: é unha das mellores ferramentas de creación de Blogs. Para traballar con ela requerimos coñecementos avanzados. Podemos descargarla da páxina web, instalala no noso computador, configurala, e poñernos a traballar.




4- Blogia: É un dos sistema de administración de contidos pioneiros en español e ofrece un sistema de aloxamento gratuito.






6- Windows live writer: Feito por Microsoft, é unha aplicación para a edición e publicación de blogs.






E para finalizar tamén podemos utilizar blogs integrados nunha plataforma E-Learning como poden ser:







C. Os usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista poden ser:


-Como medio de ampliación da materia dada en clase, xa que mediante o blog o profesor pode deixar máis información para os seus alumnos sobre temas xa explicados. Tamén se pode deixar algún enlace para que as/os nenas/nenos poidan acceder a eles. Desta maneira fomenta unha aprendizaxe diferente, dinámica e máis atractiva para os alumnos.

-Como forma de comunicación entre o profesor e os alumnos, xa que no blog poden preguntar dúbidas que poidan xurdir, comentar, dar a súa opinión, etc.

-Pódese utilizar como medio de comunicación entre os alumnos e debater sobre calquera actividade xa realizada ou pendente.

-Como elemento para o desenvolvemento da compresión lectora.

-Mellorar o coñecemento das TIC e facer un uso adecuado das mesmas.

-É util para realizar traballos colaborativos en grupo, xa que acepta máis dun autor, e cada membro do grupo pode realizar a súa actividade a mesma vez.

-Os alumnos poderán usar o blog ao longo da súa vida académica e non únicamente dentro da aula.

-Pódese utilizar como procesos de construcción do coñecemento.

-A/O propio mestra/e pode "vixiar" o traballo diario dos alumnos.

-Facilita a participación de todos os estudantes.

-Permite almacenar información tanto de alumnado como de profesorado.


Baixo o meu punto de vista como futura Mestra de Educación Primaria creo que é moi importante fomentar a colaboración en blogs educativos, xa que permite que os alumnos traballen e aprendan de maneira individual. Desta maneira tamén aprenden a manexar as novas tecnoloxías dunha maneira coidadosa e responsable. 

Traballar con blogs tamén nós permite desenvolver traballos grupais e así fomentar a participación con máis compañeiras/os.

Para rematar, eu utilizaría os blogs para subir novas relacionadas co explicado na aula, novas de cultura xeral, videos relacionados coa materia, abriría un debate para que os meus alumnos puideran dar a súa opinión, etc. 







1 comentario: