a) Que é a RA (Realidad Aumentada)?
Podemos difinir a realidade aumentada como o entorno real mesturado co virtual, é dicir a incorporación de datos e información dixital nun entorno real por medio do recoñecemento de patróns que se realiza mediante un software. A realidade aumentada é interactiva en tempo real e está rexistrada en 3D.
Un exemplo:
![]() |
| http://wwwavancesdelcelular.weebly.com/definicion.html |
b) As vantaxes que podemos atopar na realidade aumentada no ámbito da Educación Primaria son:
1. Enriquece a experiencia real do alumnado.
2. Experimento do coñecemento co propio corpo.
3. Maior motivación, xa que a información sería máis interactiva e visual.
4. Libros de texto máis atractivos para os alumnos.
5. Mellora a interactividade contido-alumno.
6. Axuda a romper o tempo, lugar e espazos do aprendizaxe.
7. Axuda a mellorar as percepcións dos entornos de aprendizaxe.
8. Fomenta a aprendizaxe informal e invisible.
9. Achega o alumnado ao mundo real.
c) Algunhas aplicacións para utilizar a realidade aumentada son:
É unha ferramenta nova de aprendizaxe interactiva. Trátase de dez programas de estudo para mestras/es e estudantes que os axuda a explorar mediante a combinación do mundo real con contidos virtuais.
É unha aplicación gratuita que sirve para apoiar o estudo de astronomía, principalmente para quenes observen o espazo de noite. Enfocando a cámara do móvil ao ceo, o programa identifica estrelas, constelacións, planetas e corpos celestes, ofrecendo os datos no momento.

Esta ferramenta permite traducir as palabras que aparecen nunha imaxe. Unicamente lle sacas unha foto a calquer texto descoñecido (un menú, unha nova, un anuncio, etc) e traduce o texto no momento sobre o mesmo obxecto.

É unha aplicación educativa basada nun xogo de realidade aumentada que ten como obxectivo ser consumido en familia, potenciando a creatividade dos máis pequenos así como o seu desenvolvemento intelectual e espacial.
d) Hai proxectos educativos ou actividades empregando realidade aumentada. Algún exemplo:
- Actividade "nuestro cuerpo aumentado".
- Proxecto "Valdespartera es cultura":
![]() |
Para rematar gustaríame expoñer a miña proposta de Realidade Aumentada que quero realizar cos meus futuros alumnos.
A miña actividade ou proxecto de realidade aumentada é sobre o corpo human.
Sería unha aplicación onde soamente con enfocar a cámara a unha parte do corpo, identificaríanse todos os osos, todas as veas e todas as partes internas do corpo, así facilita aos alumnos, saber onde estan situados exactamente as partes do corpo que estan estudando.





No hay comentarios:
Publicar un comentario